O alcalde de Frades celebra a saída a licitación da senda peonil no núcleo de Vista Alegre, na parroquia de Galegos
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o anuncio de contratación mediante procedemento aberto das obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP-3802 Ordes-Ponte Carreira ao seu paso pola localidade de Vista Alegre, parroquia de Galegos (Frades). Unhas obras orzamentadas en 149.159.10 euros e que teñen un prazo de execución de seis meses. …